Tuesday 14 de May de 2024

O Concello de Boqueixón pon en marcha o servizo ‘Madrugadores’ como aposta pola conciliación familiar e laboral


 

O Concello de Boqueixón vén de poñer en marcha un novo servizo de conciliación da vida familiar e laboral. O programa Madrugadores está dirixido a escolares de Educación Infantil e Primaria do CPIP Antonio Orza Couto e iniciou a súa actividade cun total de 8 cativos e cativas.

Este novo servizo permite que pais e nais poidan levar aos nenos e nenas ás 08.00 horas ao centro educativo. Dende esta hora e ata o comezo das clases, ofrécenselle diverso tipo de actividades de lecer, ao tempo que se facilita a conciliación da vida familiar e laboral.

As persoas interesadas en utilizar este servizo aínda pode formalizar a súa solicitude. O custo do mesmo é de 30 euros mensuais, mentres que o prezo por días soltos é de 3 euros. O almorzo correrá por conta das familias, podendo traelo preparado para que os/as monitores/as poidan servilo directamente.

As familias que desexen acollerse, deben cubrir a ficha de inscrición específica (dispoñible na web municipal). Máis información, no Departamento de Educación (981 513 115).